Zara e os casos de explotación laboral en Brasil: só unha anécdota?

Albert Sales i Campos*

O goberno brasileiro anunciou que expedientará á empresa galega Inditex (propietaria de Zara, Bershka, Stradivarius, Pull & Bear e outras marcas de moda de grande éxito comercial) polas condicións nas que traballaban 15 persoas en talleres clandestinos de São Paulo que fornecían roupa na empresa AHA, provedora da marca Zara. Segundo o departamento de traballo brasileiro, estas persoas, entre elas unha adolescente de 14 anos, realizaban xornadas extenuantes superando sistematicamente as 12 horas diarias. 14 delas son de nacionalidade boliviana e a outra é peruana. Todas vivían no mesmo lugar onde traballaban e “debían” grandes cantidades de diñeiro aos empresarios para os que traballaban en concepto de billetes de avión. Os salarios non superaban os 290 dólares ao mes, o que significa que estaban moi por baixo do salario mínimo de 340 dólares vixente no Brasil.

Hai anos que organizacións do Brasil e da Arxentina denuncian as condicións nas que viven as traballadoras e os traballadores de orixe inmigrante, maioritariamente bolivianos, que son recrutados nos seus países para confeccionar roupa nos talleres do arrabalde de Bos Aires e São Paulo. Estes obradoiros son subcontratados por fábricas provedoras de firmas suramericanas e internacionais para completar a súa produción. As persoas traballadoras viven en condicións que poderían considerarse de escravitude xa que non poden abandonar o centro de traballo, que serve á vez de vivenda para familias enteiras. Na Arxentina, a Asemblea Popular La Alameda (colectivo que colabora regularmente coa Campaña Roupa Limpa) denunciou casos similares ao que nos ocupa que salpican a marcas como Puma, Fila ou Adidas entre moitas outras menos coñecidas. Continue reading ‘Zara e os casos de explotación laboral en Brasil: só unha anécdota?’

Islandia rexeita o chantaxe do FMI

Mike Krolikowski, Yvette Krolikowski, Damien Millet*

 

O 9 de abril de 2011, os islandeses negáronse, por preto dun 60%, a pagar por asumir os erros de quen levaron o seu país ao abismo. Unha vez máis rexeitaron mediante referendo o acordo Icesave, que prevé que  o Estado indemnice aos centenares de miles de aforradores británicos e holandeses que perderon diñeiro na quebra deste banco ‘on line’ en 2008.

 

Confirmaron por tanto o primeiro “Non” pronunciado en marzo de 2010, o que irrita extremadamente tanto ao goberno islandés, como aos gobernos británico e holandés, á Unión Europea, aos banqueiros e os promotores da mundialización neoliberal. Todos estes altos responsables non ven ningún inconveniente en que un banco ‘on line’ chamado Icesave propoña taxas alucinantes para atraer aos clientes, que cidadáns británicos e holandeses atraídos pola promesa de ganancias fáciles invistan nel en todo coñecemento de causa, que Londres e Amsterdam veñan enxugar as perdas destes especuladores cando unha crise de gran amplitude estala provocando a quebra do banco, e logo que eses gobernos vólvanse contra o Estado islandés para que tome ao seu cargo os 3,8 millóns de euros que gastaron, e que a primeira ministra islandesa estea de acordo en impor esta purga ao seu país. Moi felizmente, o pobo islandés dixo que non unha vez máis.

Continue reading ‘Islandia rexeita o chantaxe do FMI’

Intervención na Xunta de Accionistas do BBVA 2011 “Campaña BBVA sen armas”

Bos días señores e señoras accionistas do BBVA, o meu nome é Jordi Calvo Rufanges e fálolles como membro do Centro Delàs de estudos pola paz en representación de diversos accionistas e da Campaña BBVA sen armas’  integrada polas organizacións, Justicia e Pau de Barcelona, o Observatorio da Débeda na Globalización e a Federación SETEM.

 

A miña intervención é para mostrarlles que o BBVA é o banco español que máis inviste en armamento controvertido: armas nucleares, bombas de acio e armas de uranio empobrecido.

 

O BBVA di ter unha normativa interna para limitar as operacións coa industria armamentística. É certo, pero de acordo coas nosas investigacións, sabemos que os fondos de investimento xestionados polo BBVA inclúen accións e bonos de 16 empresas que fabrican armas controvertidas, que o BBVA concedeu préstamos a 8 destas compañías desde 2006 e deu apoio a 4 delas na emisión de bonos e accións. Isto mostra que a súa normativa interna de financiamento do sector defensa non só é insuficiente, senón tamén un engano aos seus accionistas, traballadores e á opinión pública, vista a longa de lista de compañías do sector militar que o BBVA continúa financiando.  Continue reading ‘Intervención na Xunta de Accionistas do BBVA 2011 “Campaña BBVA sen armas”’