Á muller áfrica e afrodescendentes: Imperceptibles pero demasiado sensibles

Jesús Chucho García

Elas, as africanas e os seus descendentes, debido ao enfoque machista da historia, moitas foron condenadas ao esquecemento, esquecemento que por suposto non se logrou e ao paso do tempo elas volven á memoria, non como feitos ou actos do pasado senón como símbolos, mitos e complexo éticos contemporáneos. Trátase da muller africana e afrodescendentes coas súas historias anónimas cheas dunha riqueza simbólica, mitológica que vai desde o nacemento do mundo até a construción das espiritualidades imperceptibles ao ollo dos seres deshumanizados pola complexidade social que NON está a deixar espazos para a contemplación, o cantar dos paxaros, os cheiros, a beleza e a reflexión profunda.

Dicir muller africana e afrodescendentes é dicir sociedade, ausencia paterna, confrontación cotiá para a sobrevivencia, pero é tamén dicir fío condutor para a transformación social por un planeta equilibrado para todos, sen medo, con coraxe contra a adversidade como o expresase a falecida africana kenyana, Wangari Maathai premio nobel da paz no ano 2004 “A xente pregúntame con frecuencia porque non tiña medo. A mellor maneira que teño para explicalo é dicir que eu non proxecto o medo. Se ti manteste concentrada no que queres obter, entón, en efecto, irás exactamente ao lugar onde moita xente non se atrevería a ir. Non é que sexa valente ou que non vexa as consecuencias, senón que ao non proxectalo, eu non adopto o medo que con tanta frecuencia fréanos ao perseguir as nosas metas.”

Coa súa firme soberanía intelectual tivo unha visión multidimensional da vida para enfrontar incluso unha demanda de divorcio que lle fixo o seu marido con quen se casou nos anos setenta, do século pasado. Esa demanda, imaxínese vostede foi por “ser demasiado educada, ter demasiado carácter, ser demasiado exitosa e demasiado obstinada para ser controlada”. O xuíz coincidiu plenamente co marido. Por tanto, ela pasou a ser a única responsable da educación do seu tres fillos.

Continue reading ‘Á muller áfrica e afrodescendentes: Imperceptibles pero demasiado sensibles’

As revolucións árabes son movementos populares que traeran transformacións radicais*

* Entrevista realizada por Judit Perdix, activista do Xanela, en xullo pasado en Tanxer a Boucker El Khamlichi, activista marroqui e lider de Athawassoul. Revisión de Anair Rodríguez.

Amarante.- Todo o mundo occidental fala das revolucións árabes e a sorpresa que supuxo, está de acordo en que son revolucións e que foron unha sorpresa visto desde un país como Marrocos?

 

Khamlichi.- É verdade que ninguén esperaba isto, o mundo árabe vivía unha situación de desesperación, de crise, de falta de perspectivas e, resulta que dentro do proceso das revolucións do mundo árabe, existían “terremotos” sociais dentro, resultado de décadas de represión de inxustizas, e entón comezaron as revolucións árabes. Se ¿son revolucións? Son movementos do pobo e transformacións radicais, podémolas comparar á Revolución Francesa, á Revolución Industrial, xa que os sistemas árabes son patriarcais, a herdanza feudal, aínda que con revolucións tecnolóxicas, a nivel de sistemas son anticuados, a forma de gobernar é de hai medio século, como nos séculos da Idade Media. O máis importante aquí é que estas revolucións demostraron as relacións entre os pobos árabes, con pactos de todos os países, de todos os pobos árabes, aínda que de formas diferentes.

 

Amarante.- Por que foi posible? E por que agora?

 

Khamlichi.- Ben, os momentos revolucionarios é moi difícil predicir cando se van producir, ninguén esperaba isto. É coma un volcán que está acumulado dentro da terra e nun momento dado estoupa, todos saben que está aí pero ninguén sabe cando vai saír. Algúns factores poden ser ficticios, pero outros moitos son certos. Aínda que ninguén esperaba isto, o importante é que dentro das sociedades árabes existían xa as condicións necesarias, ninguén esperaba as revolucións con tanta pacificación popular, sempre é moi difícil de esperar isto, desta forma tan organizada. Tamén hai que dicir que o que máis favoreceu isto é a tecnoloxía, a forma de comunicarse agora é mais doado que noutras épocas. Hai anos isto sería máis complicado, o mesmo que as revolucións industriais.

  Continue reading ‘As revolucións árabes son movementos populares que traeran transformacións radicais*’

Obradoiro de activismo e teatro

No marco das xornadas de formación de activismo organizadas pola federación Setem os pasados 1 e 2 de outubro realizouse un obradoiro de teatro e activismo onde participaron tres compañeiras de AMARANTE.

Podedes ver o resultado no enlace de a continuación

http://www.youtube.com/watch?v=2l537eSBhnE