AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe casino netherlands fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias |



| Quen somos? |
|
|
|
|
AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. AMARANTE constitúese o 5 de outubro de 1999 en Pontevedra como unha asociación de caracter galego que vincula a ecoloxía e a solidariedade, máis concretamente o campo do ecodesenvolvemento e a sensibilización para a cooperación. A 1ª Asemblea Nacional (Pontevedra, 4.11.00) serviu para aprobar o manifesto ideolóxico de Amarante de análise da realidade Norte-Sur e as liñas estratéxicas para un modelo de solidariedade galega A 2ª Asemblea Nacional ( celebrada no 2.001 ) analizou a apostou por unha clara liña de converxencia para a construcción dun espacio galego de solidariedade. En outubro do 2.002, AMARANTE celebrou en Pontevedra a súa 3ª Asemblea Nacional, onde se abordou entre outros temas a consolidación da súa estructura organizativa e a extensión ás distintas comarcas de Galicia, despois dun período de consolidación en Pontevedra e a súa comarca. A 4ª Asemblea Nacional –Extraordinaria- (18.02.03) supuxo a entrada de Amarante no campo de Comercio Xusto coa incorporación da Tenda A Factoría do Sur de Pontevedra e a creación do Centro Alternativo, o que permitiu unha tímida profesionalización da súa estructura. Na súa 6ª Asemblea Nacional (celebrada en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2004) aprobou as liñas de traballo de Amarante no campo novo da Cooperación Económica, unha vez analizada a realidade de que non existe unha cooperación feita desde Galicia e de caracter estratéxico. A 7ª Asemblea Nacional –Extraordinaria ( 29.05.04) serviu para aprobar o ingreso na Federación SETEM e para plantexar a necesidade de dotarnos dunha Planificación Estratéxica. En xuño de 2.004 incorporámonos á Federación Setem e abrimos o proxecto Crisol en Vigo con IND ( que duraría ata setembro de 2.007 ) A 8ª Asemblea Nacional (Vigo, 12.03.05) aproba o Plano Estratéxico 05/09. A 9ª Asemblea Nacional (Pontevedra, 24.09.05) decide trasladar a sede central a Compostela ( en decembro dese ano ábrese a terceira tenda de Comercio Xusto en Compostela ) O 2.007 é un ano de resultados importantes en asuntos internos: aprobase o Protocolo Organizativo e Financeiro ( na Directiva Nacional do 26.07.07 ) A 12ª Asemblea Nacional (Compostela, 06.10.07) aborda a primeira renovación profunda da Directiva Nacional e crease un Equipo Técnico Executivo. Para o proxecto político tamén é un ano clave: Asinase o convenio de colaboración con Verdegaia ( decembro 2.007 ) que tería a súa primeira plasmación na apertura do local e tenda de Ourense. |