AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Mercado Transparente en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra

AMARANTE Pontevedra celebrará este sábado 17 de Decembro un MERCADO TRANSPARENTE con produtos de Comercio Xusto e produtos frescos galegos na praza da Peregrina, das 11h ás 14h.

“MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todos os que interveñen nel (productores, intermedarios e compradores e) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todos”.

Coa realización de este tipo de mercado, AMARANTE pretende facilitar que, neste complicado mes de compras e agasallos, todo o mundo teña fácil acceso a un consumo local, sustentable, consciente e solidario.

Colabora neste mercado o Sindicato Labrego Galego (SLG), ofertando tanto os seus produtos como información sobre este tipo de consumo.

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un Mercado de Troco, para que se poida “conseguir aquilo que se precisa a cambio do que xa non se usa”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes... etc), xa que nesta actividade non se usa o diñeiro como material de intercambio, senon outro ben que xa non se use e que sexa todavia perfectamente útil para outra persoa.

Seguindo a mesma liña de concienciación para un consumo responsable, AMARANTE tamén mostrará unha EXPOSICION no seu local social de Pontevedra (San Román, 9): “Solidariedade nun mundo globalizado".

A exposición fai un percorrido polas distintas causas da pobreza, regras do mercado internacional, prácticas que provocan estragos medio ambientais, violacións dos dereitos humanos a mans de transnacionais, etc.

Ademais das causas, a exposición tamén mostra as consecuencias destas políticas económicas na poboación dos países do Sur.