AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias |



| AMARANTE Pontevedra adica o mes de Setembro ó Comercio Xusto e ó Consumo Responsable |
|
|
|
| Novas Amarante - Pontevedra |
|
Despois de un breve un descanso nas actividades de información e sensibilización, Amarante volve este mes de Setembro con unha interesante axenda cargada de cursos, charlas, documentais e exposicións adicadas ó Comercio Xusto e ó Consumo Responsable:
- O venres 30, ás 17:00 horas realizarase un CURSO DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE, no local de AMARANTE Setem en Pontevedra (Rúa San Román, 9), formado pola proxeción da CURTA DOCUMENTAL "A historia das cousas" (21 minutos), seguida de unha profunda CHARLA formativa sobre "O Comercio Xusto e o Consumo Responsable", presentada por Xan Hermida, principal exponente do Comercio Xusto en Galicia, e finalizarase con un "OBRADOIRO práctico de voluntariado en tenda", orientado sobretodo a formar a tod@s @s voluntari@a que participan, ou queiran participar, na atención da tenda de Comercio Xusto de Amarante e a aquelas persoas que queiran coñecer o seu funcionamento. (Prégase confirmación de asistencia ó curso no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 848 159). - O Xoves 22, ás 20:00h proxectarase o DOCUMENTAL “Ouro negro, a verdadeira historia de Starbucks”, que versa sobre o comercio do café, produto que move máis de 80.000 millóns de dólares anuais, o cal o converte nun produto rendible a nivel mundial, como o petróleo. Trata sobre os esforzos de varias cooperativas de Etiopía por conseguir un prezo xusto para o seu café, e por facerse un oco no mercado mundial. - Ademais, no local de AMARANTE Setem poderase visitar a EXPOSICIÓN ‘O Comercio Xusto en Galicia e no mundo”, de 11,00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres (sábados, sólo pola mañán). Se queres saber máis sobre as actividades de Amarante Pontevedra, mira o Boletín de Actividades do mes de Setembro . Se queres saber máis sobre as actividades de Amarante Pontevedra, mira o Boletín de Actividades do mes de Setembro . |