|
AMARANTE celebra en Pontevedra a Semana Galega de Comercio Xusto 2012 |
|
|
|
|
Novas Amarante - Pontevedra
|
|
AMARANTE celebra a Semana Galega de Comercio Xusto centrándose na reivindicación dos dereitos d@s produtor@s do Norte e do Sur co lema
"CAFÉ CON LEITE AMARGO. Fronte á PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto"
Entre o 5 e o 12 de maio (Día Internacional do Comercio Xusto) AMARANTE celebra a nivel nacional a Semana Galega de Comercio Xusto que, chegada a súa XII edición, reivindicará este ano o dereito a un trato ético, xusto e sostible para @s produtor@s do Norte, en concreto en Galicia, e do Sur, en contraposta ó abuso que as multinacionais están a impor coas súas condición insostibles e prezos inxustos, e para visibilizar outro modelo de comercio e consumo máis respectuoso coas persoas labregas e produtoras, co medioambiente e coa saúde.
Un ano máis, a iniciativa conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e con outros grupos afíns a un consumo responsable, como a Asociación de Consumo ecolóxico "A Gradicela" en Pontevedra.
As ACTIVIDADES que AMARANTE ten previsto facer en Pontevedra son:
- OBRA DE TEATRO "Justo lo que busco", coa compañía Clan de Bichos. Mércores 9, ás 12:30 horas. Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Entrada de balde. Squetches, cancións orixinais e musicais para un Comercio Xusto e un Consumo Responsable.
- MERCADO TRANSPARENTE (Praza de Ourense. Sábado 12 de Maio de 11:00 a 14:00 horas)
Nesa acción de rúa estarán presentes produtores galeg@s, e haberá VENTA e DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto, e un Mercado de Troco, onde se poderá trocar cousas que xa non usemos por as que se ofrezan alí (libros, roupa, zapatos, xoguetes... etc)
- ACCION DE DIFUSIÓN DO CAFÉ DE COMERCIO XUSTO (Sábado 12 de Maio. Cafeterías do Casco histórico de Pontevedra e arredores da Praza da Ferrería). Pide café xusto na túa cafetería!!
|
|
Ler máis...
|
|
|
AMARANTE SETEM difunde o Comercio Xusto na estación de tren de Pontevedra |
|
|
|
|
Novas Amarante - Pontevedra
|
|
Os días 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estará na estación de Adif de Pontevedra, con stands de Comercio Xusto, no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en que consiste esta alternativa comercial, que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto, así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.
Os horarios:
19 de abril entre as 11:00 - 13:30 e 17:00 - 20:00
20 de abril entre as 11:00 - 13:30 e 17:30 - 21:00
Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén” coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia aos consumidores, xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran, xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademáis no Comercio Xusto non existe explotación laboral infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.

|
|
Ler máis...
|
|
AMARANTE PRESENTA A SÚA ÚLTIMA FERRAMENTA PARA A TRANSFORMACIÓN: A EXPOSICION "NON TE CONSUMAS" |
|
|
|
|
Novas Amarante - Pontevedra
|
|
AMARANTE Setem PRESENTA a súa nova e última exposición "NON TE CONSUMAS", na Biblioteca Pública de Pontevedra (C/ Alfonso XIII, 3) o próximo xoves 12 de Abril ás 18:00 horas.
A inauguración correrá a cargo de un dos seus creadores, Xulio Troitiño, Coordinador do grupo local de AMARANTE en Pontevedra, quen fará un percorrido polas distintas partes que a forman, explicando o seu contido.
O ágape farase con produtos de Comercio Xusto, para degustar e saborear unha das alternativas de consumo que propón esta exposición.
TEMÁTICA da Exposición "NON TE CONSUMAS": O CONSUMO RESPONSABLE
Esta exposición, elaborada por AMARANTE no 2011, fai un percorrido sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo responsable.
Así, dun xeito máis incisivo, ou a través de consellos, faise unha reflexión para mudar hábitos e ir cara un mundo máis xusto, solidario e sostible.
Entre os temas que trata están as desigualdades no consumo, a contaminación, a auga, a enerxía, o transporte, a reciclaxe, o consumo responsable, o comercio xusto, as finanzas éticas, a alimentación e a roupa.
|
|
Ler máis...
|
|
Análise da parte humana na moda española |
|
|
|
|
Novas Amarante - Pontevedra
|
|
A Campaña Roupa Limpa (CRL)*, coordinada en Galicia por AMARANTE Setem, presenta en Pontevedra a investigación “A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección” que analiza as condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras nos talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais (Inditex, Mango, Mayoral, El Corte Inglés… etc). A investigación realizouse a partir das viviencias de 118 obreiras, coa colaboración da Asociación marroquí Attawassol.
Celebrarase este próximo mércores 28, ás 12:00H, na Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra, e contarase coa presenza de Eva Kreysler, Coordinadora estatal da CRL e Fernanda Couñago, Directora de AMARANTE Setem e Coordinadora da CRL na Galiza.
Este evento clausura as Xornadas de Igualdade que AMARANTE Setem ven celebrando durante todo o mes de marzo na Universidade de Pontevedra, co gallo de visualizar as discriminacións que sufren as mulleres, en concreto no sector téxtil, e reivindicar os seu dereitos.
Pódese consultar o informe completo na web de AMARANTE:
http://mail.amarantesetem.org/images/stories/documentacion/a%20moda%20espanhola%20en%20tanxer.pdf
|
|
Ler máis...
|
|
¿QUEN NOS FAI A ROUPA QUE LEVAMOS? SITUACIÓN DA MULLER TRABALLADORA NO SECTOR TÉXTIL |
|
|
|
|
Novas Amarante - Pontevedra
|
|
AMARANTE Setem celebra o Día Internacional da Muller con unhas Xornadas de Concienciación sobre a Igualdade de xénero, que se desenvolverán durante o mes de marzo de 2012 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo en Pontevedra.
O programa comprende unha serie de actividades de formación e sensibilización sobre as condicións laborais que se agochan trala produción de roupa para as grandes multinacionais, e que afetan nomeadamente ás mulleres por ser un sector tradicionalmente feminizado.
Pretende sensibilizar acerca das condicións sociais e laborais das traballadoras do setor téxtil que provee ás grandes multinacionais da roupa, promover unha reflexión crítica en torno á procedencia da roupa que compramos, e fomentar así un consumo consciente e responsable, e introducir o debate acerca da produción global e deslocalizada de roupa, así como das consecuencias ecolóxicas, sociais e humanas que esta comporta.
Mediante a presentación do derradeiro INFORME da Campaña Roupa Limpa "A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección" poderanse coñecer as condicións de explotación que sofren as traballadoras do téxtil en Tánxer; a EXPOSICION “100% Attawassoul” mostrará a labor da Asociación Attawassoul (Tánxer, Marrocos), na que as mulleres do téxtil reciben formación sobre o seus dereitos laborais, e co CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL promoverase a discusión acercadas consecuencias da produción masiva e deslocalizada de roupa.

|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |