AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Nova etapa no grupo local de Ourense |
|
|
|
| Novas Amarante - Ourense |
|
Moitas gañas de sacar adiante o proxecto. Montse, Charo, Alex, A reunión estaba marcada pola mala situación financeira que atravesa a tenda que nos fixo adecuar a nosa estrutura a un plantexamento menos profesional ( en consonancia co plantexamento no que vimos traballando nos últimos tempos en Amarante ). Valorouse positivo en termos xerais estes dous anos de traballo xa que partindo de cero fomos capaces de asentar un grupo importante cunha repercusión social na cidade pero situouse como elementos a modificar a situación da tenda e o fortalecemento don oso traballo común con Verdegaia. Desde aquí queremos agradecer a Víctor Barro o traballo feito e animar á nova técnica local, Irene Álvarez, no traballo que lle espera Novo Horario da Tenda: a tenda de Ourense abrira de lúns a venres de 11,30 a 13,30 horas pola maña e de 17,30 a 20,30 horas pola tarde. O grupo de activistas vaixe a poñer a traballar na campaña de Comercio Xusto en nadal. Informaremos nesta web. |