|
AMARANTE e AGARESO Achegan os rostros do Comercio Xusto |
|
|
|
|
Novas Amarante - Ourense
|
|
AMARANTE Setem e AGARESO estrean en Ourense a mostra fotográfica 'Os rostros do comercio xusto' e o documental 'Pequenas doses de supervivencia', que amosan o traballo de diversas cooperativas de caña de azúcar, cacao e cítricos en Ecuador. O acto será o venres 17 de decembro na CASA DA XUVENTUDE
As ONGD Amarante e Agareso estrean o vindeiro venres 17 de decembro en Ourense a mostra fotográfica 'Os rostros do comercio xusto' e o documental 'Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto ecuatoriano', cos que pretenden amosar o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. O acto terá lugar a partir das 20.00 horas na Casa da Xuventude de Ourense.
Este acto enmarcase nas xornadas CASA SOLIDARIA que organiza a Casa da Xuventude de Ourense. A exposición fotográfica estará aberta ata o 30 de decembro. |
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |