AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Mercadiño de troco en Vigo |
|
|
|
| Novas de Amarante - Vigo |
|
Este mes de marzo a rede de colectivos Vigotroca cumpre 3 anos e o mercadiño de troco que se celebra cada mes no barrio do Calvario 2 anos de existencia. Despois de todo este tempo consideramos que era necesario pararnos a reflexionar cara a onde estaba a camiñar a rede e as actividades que a través dela se organizan. Despois de varias xuntanzas as conclusións son: A páxina web http://vigotroca.arkipelagos.net/ con 600 persoas rexistradas e con trocos feitos todos os días é un éxito que debemos destacar. Apostamos por continuar dándolle pulo dende as organizacións e convidámosvos a todas a que vos rexistredes e lle deades utilidade a esta ferramenta de consumo consciente. O mercadiño de Troco do Calvario segue a ser un lugar de encontro para as persoas do barrio pero non para as activistas das difeferentes organizacións da rede. Queremos revitalizar este espazo e facelo un lugar común onde poidamos atopar cousas que precisemos polo módico prezo de un troco. Por esto facemos un chamamento especial para que asistades ó mercadiño de troco deste mes de marzo con todos os obxectos que teñades ciscados na casa e que pensedes que poidan ser de utilidade para outras persoas. Consume conscientemente. Achégate a Vigotroca SÁBADO 27 DE MARZO NA RÚA URZAIZ, FRONTE AO MERCADO DO CALVARIO. SE CHOVE ESTAREMOS NO SEGUNDO ANDAR DO MERCADO. |