AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Charla Xanela en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao SurPortada de Amarante falarán este mércores en Vigo da súa experiencia con organizacións sociais de Brasil, Marrocos e Ecuador.

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Como xeito de avaliación, organízanse charlas de difusión que serven para dar a coñecer a experiencia das persoas que viaxan e pechar así o obxectivo principal centrado na sensibilización da poboación galega.

Para coñecer e aprender destas testemuñas, este

MÉRCORES 10 DE MARZO celebrarase

NO LOCAL DE AMARANTE VIGO (CAMELIAS 114)

UNHA CHARLA INFORMATIVA A CARGO DAS PERSOAS QUE VIAXARON NO ÚLTIMO ANO A BRASIL, MARROCOS E ECUADOR e falarán das experiencias, aprendizaxes e dificultades atopadas durante a súa estancia.

AGARDÁMOSTE !!!!

 

Séguenos en ...

facebook

logo-firma-galego

enlazando2010