AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur |
|
|
|
|
"A única viaxe de descubrimento auténtico non consiste en ir a novos lugares, senon en ter outros ollos" Marcel Proust Con esta cita comezamos unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do luns 7 de febreiro e ata o 24 de marzo abrirase o periodo de inscrición para participar no programa Xanela Aberta ao Sur. As xornadas de formación terán lugar entre marzo e maio, viaxaremos ao Sur en xullo e agosto e voltaremos en setembro avaliando a experiencia. 1ª xornada de formación ______________ 26 de marzo O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora. Nesta ligazón é posible atopar unha lista de preguntas frecuentes que che axudarán a resolver dúbidas. Anímate a participar! |