AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| A Semana Galega de Comercio Xusto centrarase nos TLCx e na privatizacións dos servizos e recursos |
|
|
|
| Escrito por Amarante |
| Luns, 06 Xuño 2011 16:09 |
|
Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos Tratados de Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as políticas neoliberais están a impoñer. Un ano máis a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral e con outros grupos en cada localidade XIRA DE GEORGINA MOLINA A Semana Galega de Comercio Xusto conta coa presenza dunha cooperativista de Chiapas (México), Georgina Molina especialista en temas de saúde e con moito coñecemento sobre o problema do feminicidio na rexión.
Georgina Molina é membro da cooperativa de textil Jolom Mayaetik de Chiapas que traballa na recuperación da simboloxía Maia no vestir. Georgina Molina ofrecera duas conferencias durante a súa estancia en Galicia: - Martes 14 xuño ás 20,00 h. no local de Amarante (Pontevedra) - Xoves 16 xuño ás 20,00 h. na Casa das Letras (Ribadeo) Ademais de participar na mesa redonda que se celebrará o mercores 15 ás 19,00 horas na Biblioteca Anxel Casal (Santiago de Compostela) e na que intervirán: - Nanda Couñago. Amarante (modera) - Xan Duro. Verdegaia - Ivan Forero. Plataforma Justicia por Colombia - Georgina Molina. Jolom Mayaetik-Chiapas - Lidia Senra. SLG O achegamento á realidade de Chiapas complementase coa exposición ‘MULLERES MAIAS: TECENDO A SÚA HISTORIA’ que se poderá visitar en horario de tarde no Hotel ARAGUANEY de Santiago de Compostela entre o 10 e o 15 de xuño. Nesta exposición a cooperativa téxtil Jolom Mayaetik e Kinal Antzetik de Chiapas achéganos á vida das mulleres indíxenas a través 20 pezas artísticas, fotografías das súas autoras e o significado Maia dos símbolos que bordan. MERCADO TRANSPARENTE Outra actividade central da Semana Galega de Comercio Xusto serán a realización de Mercados Transparentes nos que se pretende sensibilizar á poboación das diferenzas dos prezos en orixe que se lle paga ás produtoras e finais, aos que as consumidoras os mercan. Nesa acción de rúa estarán presentes produtores locais, haberá comercio xusto, mercados de troco, contacontos e outras actividades. Participan nel AMARANTE Setem, Verdegaia e o SLG, xunto con a Cooperativa de Consumo A Gradicela en Pontevedra, o Mercado de Fusco Lusco en Santiago de Compostela, Fiare en Vigo ou a Asociación Veciños O Teson, a Finca As Fádegas e La Casa Azul en Ribadeo. O Mercado transparente se celebrará: - Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas: En Pontevedra na Praza da Peregrina En Santiago na Praza do Toural En Vigo na Praza da Constitución - Sábado 18 de xuño de 18,00 a 20,00 horas: En Ribadeo na Casa das Letras En Ourense na Casa da Xuventude
+ ACTIVIDADES En Ribadeo celebrarase o sábado 18 ás 20,00 horas na Casa das Letras de Ribadeo unha mesa redonda na que intervirán representantes de: - Concello de Ribadeo - Asociación Veciños O Teson - Finca As Fádegas - La Casa Azul - Sindicato Labrego Galego - AMARANTE Setem No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra durante todo o mes de xuño poderase contemplar a EXPOSICIÓN: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO sobre a realidade da Fundación Maquita en Ecuador. Exposición realizada pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios ( AGARESO ) Todalas actividades contan coa colaboración da AECID e da Subdirección Xeral de Cooperación da xunta de Galicia. |
| LAST_UPDATED2 |