AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Novos materiais in-formativos de Amarante Setem sobre solidariedade e consumo responsable |
|
|
|
| Novas de Solidariedade |
|
Amarante Setem ven de editar dous novos materiais in-formativos sobre solidariedade e consumo responsable. O primeiro deles é a publicación do número 2 da colección Madeixa. Este segundo número que podedes baixar en formato PDF desde o apartado de publicacións da web de Amarante http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions está adicado as voces das mulleres no cambio social e conta con relatos de activistas hondureñas, marroquís e brasileiras, así como do activismo feminista galego. Na edición deste número que ven de saír do prelo colaborou Manoel Santos de Altermundo.
Por outra banda tamén esta rematado e disposto a percorrer toda Galicia o curto de animación "A saia da Carolina". O curto aproxímanos ao problema da deslocalización da elaboración da roupa, ten unha duración de 8 minutos e foi producido polo realizador Ismael Felix Mon. Ambos materiais encadranse dentro do próxecto Voces do Sur que conta coa co-financiación da Subdirección Xeral de Cooperación e Relacións Exteriores da Xunta de Galicia. |