AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
AMARANTE Setem apoia as mobilizacións da Plataforma Democracia real, Xa! PDF Imprimir Correo-e
Novas de Solidariedade

A gobernanza do mundo non a poden decidir a banca e as multinacionais

15_m

AMARANTE Setem leva tempo vertebrando redes e iniciativas con outras forzas sociais e colectivos para denunciar o poder totalitario que os bancos e as grandes multinacionais teñen no planeta provocando desigualdades humanas enormes, ensanchando as diferenzas Norte-Sur e situando a unha boa parte do planeta na pobreza.

Este dominio tamén ten efectos no medio ambiente e sobre os ecosistemas agravando os desequilibrios territoriais e pondo ao planeta ao borde do colapso ecolóxico.

Ademais, este modelo neoliberal sustentado nun consumo irresponsable vímolo denunciando con campañas de consumo responsable como Banca Limpa ou Campaña Roupa Limpa.

O feito de que sexan os grandes oligopolios os que por medio de clubs internacionais ao seu servizo coma o FMI, Banco Mundial ou a OMC, decidan as políticas económicas e sociais a seguir valeira de contido os actuais modelos democráticos.

AMARANTE Setem non entra a valorar as propostas que desde as diferentes concentracións se fagan pero comparte o espírito de indignación e rebeldía impulsada polas mesma que conecta como movemento altermundista (outro mundo é posible!)

 

Séguenos en ...

facebook

logo-firma-galego

enlazando2010