AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias |



| Paro nacional en Honduras para reclamar melloras laborais |
|
|
|
| Novas de Solidariedade |
|
Organizacións obreiras, estudantís, indíxenas e campesiñas mobilizáronse onte ao longo do país para reclamar mellores condicións laborais e o cumprimento do Código de Traballo A mobilización foi denominada como Paro Cívico e recibiu o apoio de tres centrais obreiras e a Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP). A medida de forza foi anunciada logo do fracaso das negociacións co ministro de traballo, Felítico Ávila. Entre outros reclamos, os traballadores solicitan un incremento no soldo mínimo, que actualmente é de 158 dólares.
Por outra banda, este martes o Consello de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (COPINH) denunciou que o Congreso pretende privatizar os ríos para a construción de hidroeléctricas. Segundo a organización, o decreto lei permite "outorgar concesións e privatizaciónes de ducias de ríos para a construción de hidroeléctricas". O documento que está a asinar a cidadanía hondureña expresa a vontade de convocar "unha Asemblea Nacional Constituínte" que deberá instalarse cunha "maioría popular" para redactar e aprobar unha "Nova Constitución" que "garanta" os dereitos fundamentais, individuais e colectivos "de maneira efectiva". Ademais, debe democratizar de maneira "participativa" a vida do país. Ao mesmo tempo, coas asinaturas o pobo hondureños esixe o retorno do exx-presidente e actual coordinador do Frente de Resistencia, Manuel Zelaya, e doutros 200 exiliados. Mentres, segue a represión e a persecusión de líderes e lideresas populares, profesorado, estudantes e xornalistas. No que vai de ano, 10 profesionais da comunicación perderon a vida e o pasado mes de agosto o Comité de Familiares de Detenidos y Desaparecidos de Honduras (COFADEH) denunciou a aparición dunha fosa común con máis de 100 corpos de persoas desaparecidas nos últimos 3 meses. Todos ese crimes se produciron baixo o mandato de Porfirio Lobo. (Fonte: PÚLSAR. Axencia Informativa da AMARC ALC) |