AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. |



| Sociedade civil europea movilízase en solidariedade coas persoas xitanas e migrantes |
|
|
|
| Novas de Solidariedade |
|
Repudiamos o populismo e o racismo das políticas da UE!
Millares de persoas movilizáronse hoxe en diferentes capitais europeas para manifestar o seu repudio pola política de criminalización e deportación de persoas xitanas e migrantes posta en marcha por diferentes países europeos.
Desde AMARANTE queremos amosar o apoio ás movilizacións e a nosa solidariedade cos colectivos que están sendo alvo dunha demagóxica maniobra mediática dirixida a acadar o apoio dos sectores sociais máis conservadores, desviando así a atención dos verdadeiros problemas que castigan a cidadanía europea.
![]() Foto: BT/af
Ademais das expulsións perpetradas polo goberno francés -a última producíuse este último xoves, cando 283 persoas xitanas foron deportadas a Romania, sumando un total de 8.300 devolucións no que vai de ano segundo dados oficiais- países como Italia, Alemaña, Dinamarca e Suecia parecen seguir a estela de intolerancia e racismo que asola o continente europeo. No estado español foron convocadas concentracións en Madrid e Barcelona pola Unión Romaní, secundada por redes como Enlazando Alternativas e outras varias redes e organizacións sociais. Como en outras oportunidades na que estivemos na primeira liña na defensa dos dereitos e da dignidade das comunidades étnica e culturalmente diferenciadas, seguiremos de preto as campañas de apoio e adhesión que se están poñendo en marcha a nivel estal e internacional. Máis información: |