AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias |



| Balóns do Mundial de fútbol: A explotación segue sendo a norma |
|
|
|
| Novas de Responsabilidade social corporativa |
|
( O informe revela que os traballadores e as traballadoras que cosen balóns de fútbol en Paquistán, India, China e Tailandia continúan sendo vítimas de violacións alarmantes dos seus dereitos laborais. A investigación atopou que o traballo infantil segue existindo na industria de Paquistán e, tamén, en India e China. Trece anos despois de que a industria dos balóns de fútbol asinase o "Acordo de Atlanta", mediante o cal se comprometeron a limpar este sector industrial, foron presentados informes periódicos sobre violacións dos dereitos humanos na produción de balóns de fútbol aos actores principais desta industria, incluíndo ás marcas globais e a FIFA . "É sorprendente como despois de todos estes anos os baixos salarios e outras violacións dos dereitos laborais seguen sendo a norma e non a excepción nesta industria", comentou Ineke Zeldenrust, da Campaña Roupa Limpa (CRL) Internacional. "Ao mesmo tempo que as e os fans de todo o mundo emociónanse pola chegada do Mundial, o público espera que a FIFA e a industria dos balóns de fútbol cumpran coas súas promesas." Outros problemas destacados no informe presentado o 7 de xuño pasado son a discriminación de xénero contra as traballadoras a domicilio - que son as que menor salario reciben e enfróntanse á ameaza constante de perder os seus postos de traballo por embarazos-, a excesiva xornada laboral -como nunha fábrica chinesa, onde se comprobou que as persoas traballadoras soportan xornadas de até 21 horas ao día, sen un día libre durante un mes enteiro-, e a falta de auga potable adecuada ou de centros de asistencia médica, e mesmo de baños, como se viu nalgúns centros de costura de India. Petición á FIFA e accións no Estado español A Campaña Roupa Limpa (CRL) está a pedir á FIFA e á industria fabricante de balóns de fútbol que tomen medidas inmediatas para facer fronte e resolver esta situación caracterizada por salarios extremadamente baixos, pola proliferación de persoas traballadoras temporais e pola falta de compromiso da sociedade civil para mellorar as condicións das e dos traballadores que producen os balóns, elemento central do Mundial de Fútbol 2010. Desta maneira, a través da páxina web da Campaña Roupa Limpa (CRL) pódese asinar a esixencia á FIFA. Ademais, no Estado español, con motivo do Mundial de Fútbol, desde a Campaña Roupa Limpa / SETEM levarán a cabo outras accións como a do “Mundialito de fútbol” que se realizará en Pamplona o vindeiro 19 de xuño. Este será un evento lúdico-deportivo , co obxectivo de sensibilizar ao redor dun consumo responsable de roupa, especialmente en relación coas grandes marcas de roupa e o material e calzado deportivo. A competición deportiva de futbol consistirá nun campionato con 8 -10 equipos de futbol de diferentes organizacións ou países con 5- 7 xogadores por equipo e, ademais, haberá un contacontos infantil, degustación de produtos de comercio xusto, música, caseta con información da campaña etc... |