AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas de Amarante - Vigo


Voltamos a Trocar no Calvario PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

A pesar da calor infernal dos últimos días Vigotroca voltará a sacar osVigotroca seus postos á rúa para seguir xerando dinámicas de troco e cesión entre as persoas que así o desexen.

Se tes cousas na casa que xa non uses e poidan ser de interese para outras xentes mete todo nunha bolsa e achégate ó barrio do Calvario. En Vigotroca temos mesas para quen vaia montar un posto e material de cesión para quen o queira utilizar.

Estaremos dende as 11:00 ás 13:00 horas deste sábado día 31 en fronte do Mercado do Calvario agardando pasar unha boa mañá chea de trocos. Agardámoste!

 
Toca Troco!!! PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

Como cada derradeiro sábado de mes, Amarante, Árbore, Caleidoskopio e Verdegaia convidámosvos a participar dunha iniciativa de Troco e Cesión na praza fronte ó Mercado do Calvario.

A cita é o SÁBADO 26 DE 11:00 A 13:00

Gracias ao traballo feito o longo de todo ano, xa contamos con moitas persoas que traen os seus obxectos para ser trocados no Calvario. Ademais, moitas persoas achéganse ás mesas para ollar os artigos expostos e interesarse por eles.

Queremos animarvos a traer todo aquilo que ateiga as nosas casas e ao que non damos saída, co obxectivo de trocalo por outras cousas que sexan do noso interese.

Porque é posible un intercambio de artigos sen cartos polo medio e porque as cousas teñen o valor que nos queremos darlles, queremos manter esta iniciativa que pouco a pouco e co voso apoio, vaise asentando no barrio con moito respecto por parte da veciñanza.

Tamén pomos á disposición de todas as interesadas o espazo de troco virtual no que pódense facer trocos de xeito constante: www.vigotroca.arkipelagos.net

Animádevos a utilizar o troco como xeito para conseguir aquelas cousas que precisamos!!!

cartaz-troco-2010

 
Curso de cociña vegana PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

Unha vez mais, Amarante, Árbore e Cova dos Ratos, convidámosvos a un curso teórico-práctico de cociña vegana.

A cita será este DOMINGO DÍA 6 AS 10:30 NA COVA DOS RATOS (Romil, 3) e contaremos coa posibilidade de enriquecer a nosa alimentación con ideas saudábeis e respectuosas co medio e os animais.

As prazas son limitadas, así que anotádevos xa no enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no número de teléfono: 886.111.327

Animádevos a participar!!

 

vegana_baixa

 

 
Presentanción Coop57 e Fiare en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

Outra economía é posible:

Invitación ao acto en Vigo sobre
FINANZAS ÉTICAS EN GALICIA: Presentación dos proxectos Coop57, e Fiare


A sección galega de Coop57 e Fiare Galiza van desenvolver un acto sobre Finanzas Éticas en Galicia, que terá lugar o día 25 de Maio en VIGO ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1.


Nel se presentarán Coop 57, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios con sección territorial en Galicia dende hai casi un ano, e Fiare, que traballa por un sistema estatal de banca ética no ámbito da economía solidaria, constituíndose unha territorial en Galicia a principios deste ano.


Gustaríanos contar coa vosa asistencia para que coñezades directamente e participedes destes proxectos de economía ética e solidaria.

 
Celebramos o Día do Comercio Xusto PDF Imprimir Correo-e
Novas de Amarante - Vigo

Vigo celebrará unha vez más o Día Internacional do Comercio Xusto en colaboración con telasVerdegaia e Árbore.

O sábado 8 de Maio desenvolveremos diversas actividades, todas elas ó redor dos impactos do comercio convencional, controlado polas grandes superficies, na Gran Vía (altura Rúa Venezuela) de 12:00 a 14:00.

Manteremos durante toda a mañá un pokie game Mercado Transparente de Alimentación no que se mostrarán os inxustos márxenes de prezo entre as persoas produtoras e as consumidoras, evidenciando que son os intermdiarios os que teñen o maior marxe de ganacias.

Contaremos tamén com un Mercado Transparante de Roupa a través do que poderemos viaxar polos diferentes países produtores de téxtil. Neste mercado poderás coñecer cales son as condicións laborais que sufren as obreiras das fábricas da roupa que despois consumimos nas grandes superficies do Norte.

Remataremos o acto coa posta en escea dun espectáculo de danza de compañeiras que colaboran con Amarante, nun intento de denuncia pública das violacións de dereitos humanos e laborais que se suceden cotiamente nos milleriros de fábricas adicadas a producir roupa.

Esperámoste para reflexionar conosco sobre a necesidade do comercio local e xusto no Norte e no Sur!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

xusto on line

Tenda_online

séguenos en ...

facebook-logo

logo-firma-galego

enlazando2010