AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas Amarante - Pontevedra
-


Mercado Transparente en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra

AMARANTE Pontevedra celebrará este sábado 17 de Decembro un MERCADO TRANSPARENTE con produtos de Comercio Xusto e produtos frescos galegos na praza da Peregrina, das 11h ás 14h.

“MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todos os que interveñen nel (productores, intermedarios e compradores e) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todos”.

Coa realización de este tipo de mercado, AMARANTE pretende facilitar que, neste complicado mes de compras e agasallos, todo o mundo teña fácil acceso a un consumo local, sustentable, consciente e solidario.

Colabora neste mercado o Sindicato Labrego Galego (SLG), ofertando tanto os seus produtos como información sobre este tipo de consumo.

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un Mercado de Troco, para que se poida “conseguir aquilo que se precisa a cambio do que xa non se usa”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes... etc), xa que nesta actividade non se usa o diñeiro como material de intercambio, senon outro ben que xa non se use e que sexa todavia perfectamente útil para outra persoa.

Seguindo a mesma liña de concienciación para un consumo responsable, AMARANTE tamén mostrará unha EXPOSICION no seu local social de Pontevedra (San Román, 9): “Solidariedade nun mundo globalizado".

A exposición fai un percorrido polas distintas causas da pobreza, regras do mercado internacional, prácticas que provocan estragos medio ambientais, violacións dos dereitos humanos a mans de transnacionais, etc.

Ler máis...
 
Amarante adica o mes de Novembro á muller: discriminación histórica e loita polos seus dereitos PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra

Co gallo da celebración do 25 de Novembro contra a violencia de xénero, AMARANTE Pontevedra adica as súas actividade in-formativas de este mes á loita da muller polos seus dereitos, coa proxección de un DOCUMENTAL galego, "Digna Rabia", que pretende porlle voz a outras moitas mulleres que converteron a súa rabia na súa propia dignidade, a presentación do seu LIBRO "Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social" e posterior CHARLA sobre o empoderamento da muller (dada por Lidia Senra), e unha EXPOSICION fotográfica sobre a realidade das traballadoras do téxtil en Marrocos...

 Boletin_mensual_Novembro.pdf : aquí podes ver con detalle as actividades de este mes

 

Ler máis...
 
Outubro: análise do 15M e as súas causas PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra
Este mes de outubro temos as seguintes actividades:
MESA REDONDA: "O MOVEMENTO DO 15M". Xoves, 20 de outubro ás 20:00h.

Intervirán: Lana Rocha (Movemento 15 M Pontevedra), Álvaro Rodríguez (ATTAC Vigo) e Xoan Hermida (Amarante)

DOCUMENTAL: The Yes Men. Xoves, 27 de outubro ás 20:00h

Os Yes Men son un dúo de activistas formado por Andy Bichlbaum e Mike Bonanno, que practican o que eles chaman "corrección de identidade", que trata basicamente de desenmascarar ás corporacións multinacionais e a todo o armazón de intereses políticos e económicos tendentes á súa protección en prexuízo dos cidadáns de todo o planeta. 

LIBRO: "A REVOLTA DOS INDIGNADOS".

Libro colectivo que reúne reflexións e artigos de varios analistas políticos en torno ao movemento do 15M.

En venta na tenda de Comercio Xusto de Amarante Pontevedra (7€), e tamén se empresta gratuitamente a calquera persoa interesada no tema.

EXPOSICIÓN: "O COMERCIO XUSTO EN GALICIA E NO MUNDO" Todos os días de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00. Sábados aberto pola mañán.

Ler máis...
 
AMARANTE Pontevedra adica o mes de Setembro ó Comercio Xusto e ó Consumo Responsable PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra

Despois de un breve un descanso nas actividades de información e sensibilización, Amarante volve este mes de Setembro con unha interesante axenda cargada de cursos, charlas, documentais e exposicións adicadas ó Comercio Xusto e ó Consumo Responsable:

- O venres 30, ás 17:00 horas realizarase un CURSO DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE, no local de AMARANTE Setem en Pontevedra (Rúa San Román, 9), formado pola proxeción da CURTA DOCUMENTAL "A historia das cousas" (21 minutos), seguida de unha profunda CHARLA formativa sobre "O Comercio Xusto e o Consumo Responsable", presentada por Xan Hermida, principal exponente do Comercio Xusto en Galicia, e finalizarase con un "OBRADOIRO práctico de voluntariado en tenda", orientado sobretodo a formar a tod@s @s voluntari@a que  participan, ou queiran participar, na atención da tenda de Comercio Xusto de Amarante e a aquelas persoas que queiran coñecer o seu funcionamento.

(Prégase confirmación de asistencia ó curso no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 848 159).

- O Xoves 22, ás 20:00h proxectarase o DOCUMENTAL “Ouro negro, a verdadeira historia de Starbucks, que versa sobre o comercio do café, produto que move máis de 80.000 millóns de dólares anuais, o cal o converte nun produto rendible a nivel mundial, como o petróleo. Trata sobre os esforzos de varias cooperativas de Etiopía por conseguir un prezo xusto para o seu café, e por facerse un oco no mercado mundial.

- Ademais, no local de AMARANTE Setem poderase visitar a EXPOSICIÓN ‘O Comercio Xusto en Galicia e no mundo, de 11,00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres (sábados, sólo pola mañán).


Se queres saber máis sobre as actividades de Amarante Pontevedra, mira o  Boletín de Actividades do mes de Setembro .


Ler máis...
 
AMARANTE Pontevedra vaise de vacacións PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Pontevedra

Desde o 15 ó 28 de Agosto teremos pechada por vacacións a tenda de Pontevedra (Rúa San Román, 9).

Desexámosvos que desfrutedes de un feliz verán, cheo de Solidariedade e de Consumo Responsable.

¡¡ Até logo!!!

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL