AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias  

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Este sábado hai troco na Praza de Abastos! PDF Imprimir Correo-e
Novas Amarante - Compostela

Verdegaia, en colaboración coa praza de Abastos de  Compostela,

organiza este sábado 29 o Mercadiño de Troco

 


Como en meses anteriores, convidamos a virdes trocar aquelas cousas que tendes

pola casa e que xa non precisades, mais teñen aínda un valor que pode ser de interese
para outras persoas. Sempre hai cousas en bo uso para lle darmos unha nova acollida
na nosa casa e que nos poden facer un bo avío.  :-)

trocoabastos

 

O troco comeza ás 11:30 co tempo de entrega e exposición de xéneros. Pódense entregar
até tres obxectos polos que se recibirá cadanseu vale. Ás 13:00 cadaquén vai escollendo
o que máis lle interesa dos obxectos expostos por orde de sorteo. En calquera caso, e
dado que o que se pretende é propiciar un espazo libre de intercambio, tamén se aceptará
o troco bilateral entre asistentes, se así se dá a ocasión.

Verdegaia organiza esta actividade todos os últimos sábados de cada mes, neste
tradicional recinto de calidade e sustentabilidade que é a Praza de Abastos de Compostela.
Esta actividade encádrase dentro da campaña permanente de Verdegaia: Consomes ou
Devoras?

Máis informacións:

Feira de troco na Praza de Abastos Compostela - Xaneiro 2011
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo