AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.
Novas Amarante - A Mariña
-
Semana Galega de Comercio Xusto. programación en Ribadeo
Durante a Campaña de Nadal o Grupo da Mariña de Amarante levou a cabo o primeiro Mercadiño de Troco adicado en exclusiva ó intercambio de xoguetes entre ciranzas.
Os mercados de troco son iniciativas de intercambio e cesión que buscan revalorizar obxectos ós que xa non lle damos uso e fuxir da voráxine consumista que se agudiza especialmente durante as datas do Nadal.
Este primeiro mercadiño estivo adicado á participación das crianzas por ser as máis perxudicadas no bombardeo continuo de publicidade, véndose envoltas en moitas ocasións en necesidades creadas dende espazos totalmente alleos a elas. A celebración deste mercado veu a confirmar que o importante son o tipo de relación que se establecen e o intercambio de bens é un xeito de xerar relacións baseadas na solidariedade e na colaboración.
O concello de Ribadeo ten sido o primeiro de Galicia en aprobar en Pleno a moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en case medio centenar de concellos.
A aprobación desta iniciativa é un paso importante no compromiso das administracións locais co Consumo Responsable e o medio ambiente.
Continua o camiño iniciado pola administración autonómica e varios concellos coa incorporación de comercio xusto nos concursos das maquinas de vending de café.
Agora, o grupo local de Ribadeo encargarase de facer seguimento para que a moción teña concreción na actuación diaria deste concello de A Mariña.
Amarante xa se ten posto en contacto coas autoridades de Viveiro para que este concello de A Mariña sexa o próximo na comarca en aprobar dita iniciativa.