Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Quen somos? PDF Imprimir Correo-e

principios

AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

AMARANTE constitúese o 5 de outubro de 1999 en Pontevedra como unha asociación de caracter galego que vincula a ecoloxía e a solidariedade, máis concretamente o campo do ecodesenvolvemento e a sensibilización para a cooperación.

A 1ª Asemblea Nacional (Pontevedra, 4.11.00) serviu para aprobar o manifesto ideolóxico de Amarante de análise da realidade Norte-Sur e as liñas estratéxicas para un modelo de solidariedade galega

A 2ª Asemblea  Nacional ( celebrada no 2.001 ) analizou a apostou por unha clara liña de converxencia para a construcción dun espacio galego de solidariedade.

En outubro do 2.002, AMARANTE celebrou en Pontevedra a súa 3ª Asemblea Nacional, onde se abordou entre outros temas a consolidación da súa estructura organizativa e a extensión ás distintas comarcas de Galicia, despois dun período de consolidación en Pontevedra e a súa comarca.

A 4ª Asemblea Nacional –Extraordinaria- (18.02.03) supuxo a entrada de Amarante no campo de Comercio Xusto coa incorporación da Tenda A Factoría do Sur de Pontevedra e a creación do Centro Alternativo, o que permitiu unha tímida  profesionalización da súa estructura.

Na súa 6ª Asemblea Nacional (celebrada en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2004) aprobou as liñas de traballo de Amarante no campo novo da Cooperación Económica, unha vez analizada a realidade de que non existe unha cooperación feita desde Galicia e de caracter estratéxico.

A 7ª Asemblea Nacional –Extraordinaria ( 29.05.04) serviu para aprobar o ingreso na Federación SETEM e para plantexar a necesidade de dotarnos dunha Planificación Estratéxica.

En xuño de 2.004 incorporámonos á Federación Setem e abrimos o proxecto Crisol en Vigo con IND ( que duraría ata setembro de 2.007 )

A 8ª Asemblea Nacional (Vigo, 12.03.05) aproba o  Plano Estratéxico 05/09.

A 9ª Asemblea Nacional  (Pontevedra, 24.09.05) decide trasladar a sede central a Compostela ( en decembro dese ano ábrese a terceira tenda de Comercio Xusto en Compostela )

O 2.007 é un ano de resultados importantes  en asuntos internos: aprobase o Protocolo Organizativo e Financeiro ( na Directiva Nacional do 26.07.07 ) A 12ª Asemblea Nacional (Compostela, 06.10.07) aborda a primeira renovación profunda da Directiva Nacional e crease un Equipo Técnico Executivo.

Para o proxecto político tamén é un ano clave: Asinase o convenio de colaboración con Verdegaia ( decembro 2.007 ) que tería a súa primeira plasmación na apertura do local e tenda de Ourense.