O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos

Asóciate

Para AMARANTE é fundamental o factor humano. Non se trata só de defender ideais de xustiza social senón incorporalas na nosa estructura organizativa e tamén, porque non, na nosa vida.

Porqué ACTIVISTA ? Cremos na sociedade civil autoorganizada como unica ferramenta para o cambio. Apostamos polo compromiso consciente.Queremos construir unha organización de persoas igualmente comprometidos na toma de decisións como na posta en marcha dos diversos proxectos.

Democracia na toma de decisións e calidade dos proxectos e programas non son elementos necesariamente antitéticos.

Porqué DOANTE ? Sabemos que hai moitos e moitas que coinciden con nós na necesidade de mudanzas sociais profundas. Son persoas que saben que os desequilibrios territorias e as desigualdades humanas non son froito do azar e non se solucionan tranferindo capitais ou tecnoloxías ao Sur, senon construindo solidariedade centrada na denuncia social e na creación de alternativas á globalización neoliberal.

Para elo é clave a independencia dos movementos sociais.

Non teño o tempo para comprometerme no día a día pero coa miña aportación podo axudar a construir unha organización con perspectiva transformadora, independente e con incidencia social e influencia institucional.

A decisión é túa.

Pódeste dar de alta cubrindo este formulario ou descarga a versión texto e envía a Amarante. Praza da Verdura, 4 - 36002 Pontevedra.


FORMULARIO DE ALTA
Formulario de alta