AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas de Amarante - Vigo


Nova cita para trocar en Vigo: 24 de Abril PDF Imprimir Correo-e

troco


 
Novo Obradoiro de Cociña sobre Crudivorismo PDF Imprimir Correo-e

Xa está aberto o prazo de inscrición para o OBRADOIRO DE COCIÑA que artellamos entre Amarante, Árbore e Caleidoskopio.vegana_baixa


Este mes traballaremos alimentos vexetais en crú.

 

Será o próximo 11 de abril e as prazas son limitadas, así que apuntádevos!!


Obradoiro de Crudivorismo
Domingo 11 10,30 h
Na Cova dos Ratos, Romil, 3

Inscricións no 886111327 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

As prazas son limitadas e haberá un bote para pagar os custes do obradoiro.

 
Mercadiño de troco en Vigo PDF Imprimir Correo-e

Este mes de marzo a rede de colectivos Vigotroca cumpre 3 anos e o mercadiño de troco que se celebra cada mes no barrio do Calvario 2 anos de existencia.

Despois de todo este tempo consideramos que era necesario pararnos a reflexionar cara a onde estaba a camiñar a rede e as actividades que a través dela se organizan.

Despois de varias xuntanzas as conclusións son:

Ler máis...
 
Charla Xanela en Vigo PDF Imprimir Correo-e

Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao SurPortada de Amarante falarán este mércores en Vigo da súa experiencia con organizacións sociais de Brasil, Marrocos e Ecuador.

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Ler máis...
 
Xornadas sobre Decrecemento PDF Imprimir Correo-e

Durante a fin de semana do 6 e 7 de Marzo celebraranse as xornadasDecrecemento-2 “Decrecemento para o cambio social”, organizadas pola Asociación Arela e que contan coa colaboración de varias entidades entre as que se atopa Amarante.

As xornadas celebraranse no local da Parroquia do Cristo da Victoria (R/Baiona, 9-Coia) e desenvolverán o seguinte programa:

SÁBADO 6 DE MARZO
11h00 - "Desmontando o mito do decrecemento", Manoel Santos
12h30 - Descanso
13h00 - "Decrecemento, mil camiños para vivir con menos", Manoel Santos
14h00 - Xantar
16h30 - Proxección do documental: Simplicidade voluntaria e decrecemento (reflexións) de Jean-Claude Decourt
18h00 - Descanso
18h30 - Límites do decrecemento e pegada ecolóxica, a cargo e Verdegaia

DOMINGO 7 DE MARZO
10h30 - Obradoiro sobre decrecemento e alternativas á sociedade de consumo, a cargo de Amarante.
14h00 - Xantar
- - - - - -
As inscricións hai que facelas chegar a través do email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo especificando se quedarás a comer o sábado e o domingo.


Tamén podedes contactar no móbil 675 63 34 36 (Norma Rodríguez) ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3