AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Novas Amarante - Ourense


IV Xornadas de Agroecoloxía en Ourense PDF Imprimir Correo-e

Entre o 20 e o 28 de febreiro celebranse en Ourense as IV Xornadas de agroecoloxía, organizadas por Amarante, Amigos da Terra, A Esmorga,  Semente e Verdegaia.  Programa Xornadas

cartazagro

 
Cine no local de Ourense PDF Imprimir Correo-e

cineourense

 
Presentouse a Campaña de Nadal en Ourense PDF Imprimir Correo-e

  Campaña Nadal en Tele Miño

 
Nova etapa no grupo local de Ourense PDF Imprimir Correo-e

Moitas gañas de sacar adiante o proxecto. Montse, Charo, Alex, FestaAmarante02Camilo, Irene, María, María Xosé, Pablo, e Nanda e Xoán pola directiva; reuníanse o pasado luns 30 de novembro nunha asemblea extraordinaria de Amarante-Ourense para valorar a situación do grupo e marcarse novos obxectivos.

A reunión estaba marcada pola mala situación financeira que atravesa a tenda que nos fixo adecuar a nosa estrutura a un plantexamento menos profesional ( en consonancia co plantexamento no que vimos traballando nos últimos tempos en Amarante ).

Valorouse positivo en termos xerais estes dous anos de traballo xa que partindo de cero fomos capaces de asentar un grupo importante cunha repercusión social na cidade pero situouse como elementos a modificar a situación da tenda e o fortalecemento don oso traballo común con Verdegaia.

Desde aquí queremos agradecer a Víctor Barro o traballo feito e animar á nova técnica local, Irene Álvarez, no traballo que lle espera

Novo Horario da Tenda: a tenda de Ourense abrira de lúns a venres de 11,30 a 13,30 horas pola maña e de 17,30 a 20,30 horas pola tarde.

O grupo de activistas vaixe a poñer a traballar na campaña de Comercio Xusto en nadal. Informaremos nesta web.