Novas Amarante - A Mariña
-
|
|
|
|
O concello de ribadeo aposta pola Compra Pública Responsable |
|
|
|
|
O concello de Ribadeo ten sido o primeiro de Galicia en aprobar en Pleno a moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en case medio centenar de concellos.
A aprobación desta iniciativa é un paso importante no compromiso das administracións locais co Consumo Responsable e o medio ambiente.
Continua o camiño iniciado pola administración autonómica e varios concellos coa incorporación de comercio xusto nos concursos das maquinas de vending de café.
Agora, o grupo local de Ribadeo encargarase de facer seguimento para que a moción teña concreción na actuación diaria deste concello de A Mariña.
Amarante xa se ten posto en contacto coas autoridades de Viveiro para que este concello de A Mariña sexa o próximo na comarca en aprobar dita iniciativa. |
|
|
|
|
|