O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

Misión

AMARANTE xurde como unha organización para a transformación. Situándonos dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político (gobernamental) e as desigualdades xeradas desde o poder económico (mercantil). Para elo, é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos. En definitiva impulsar unha organización que sitúe na cooperación e o desenvolvemento elementos de crítica que pulen pola modificación non capitalista das estructuras do sistema no Sur e no Norte. Na súa presentación pública, o 20 de novembro de 1999, afirmamos que Amarante «nacía co fin de cubrir un triple espacio que era necesario. A necesidade dunha ONG galega tanto na súa acción como no seu pensamento. A necesidade de vincular os ámbitos da ecoloxía e a solidariedade unha vez demostrada a relación existente entre a devastación de amplas zonas do planeta e desigualdades Norte-Sur. E, por último, poñer en marcha unha organización social crítica, que máis alá da cooperación [a través de proxectos] centrase os seus esforzos na sensibilización e na denuncia dos elementos estructurais do sistema que constrúen as desigualdades.»

Así a MISION de AMARANTE Setem resúmese como sigue: "AMARANTE somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. Entendemos que o modelo estrutural global é a causa das desigualdades entre as persoas e os pobos. Por iso, a nosa achega é favorecer relacións máis xustas e máis equitativas, que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a cooperación. Procuramos facelo dende a implicación e a mobilización da cidadanía coa finalidade de construír un modelo galego de solidariedade vertebrado nunha sociedade civil máis crítica. As nosas ferramentas son a denuncia pública, a presión política, a sensibilización, a construción de alternativas e a cooperación en rede entre organizacións sociais, tanto locais como internacionais".

 

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego