AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

Educación para o Ecodesenvolvemento

En Amarante pensamos que a solidariedade, como calquera outro tipo de actividade, require unha certa formación para poder desenvolvela con eficacia. Facer solidariedade precisa, ademais, ser conscientes da responsabilidade que significa realizar actividades que van a repercutir en maior ou menor medida, sobre condicións concretas de persoas con nome e apelidos. Por estas razóns elaboramos programas encamiñados a formar e sensibilizar ás persoas incorporadas ó movemento da solidariedade.

  • Xanela aberta ao Sur
    Cumpre achegar a realidade dos pobos do Sur á nosa sociedade para coñecer a súa problemática e formar persoas que colaboren activamente na transformación do inxusto modelo de relacións Norte-Sur.
  • Centro de Recursos para a Solidariedade
    O Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade da ONG AMARANTE, fundaméntase na necesidade de facilitar un punto de conexión das diferentes publicacións e actividades do campo da Solidariedade e do Consumo Responsable.
  • Interculturalidade
  • Actividade Formativa
 

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego