O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

Liñas de Traballo

AMARANTE desenvolve a súa actividade seguindo catro liñas de traballo: Educación para o desenvolvemento, Comercio Xusto e Consumo Responsable e mais Cooperación ao Desenvolvemento. Trátase de tres planos de actuación atravesados trasversalvemente por obxectivos orientados á sensibilización social , á incidencia política sobre o sector público e privado e á creación de alternativas socioeconómicas.

COOPERACIÓN

EDUCACIÓN É SENSIBILIZACIÓN

En Amarante pensamos que a solidariedade, como calquera outro tipo de actividade, require unha certa formación para poder desenvolvela con eficacia. Facer solidariedade precisa, ademais, ser conscientes da responsabilidade que significa realizar actividades que van a repercutir en maior ou menor medida, sobre condicións concretas de persoas con nome e apelidos. Por estas razóns elaboramos programas encamiñados a formar e sensibilizar ás persoas incorporadas ó movemento da solidariedade.

CONSUMO RESPONSABLE

Cada vez que compramos un producto estamos establecendo relacións comerciais co resto do mundo. Esto, que pode parecer esaxerado, é unha realidade cada vez máis evidente nas nosas sociedades, e pon ós consumidores e consumidoras en situación de incidir sobre as condicións en que se producen os artigos que consumimos . O poder dos consumidores e consumidoras radica na súa capacidade de optar por productos elaborados e comercializados con métodos que aproban e rexeita-los que non cumpren esas condicións. O obxectivo, por tanto, é poñernos diante desa realidade e favorece-la equidade nas relacións comerciais.

COMERCIO XUSTO

O Comercio Xusto é unha aposta por construir relacións comerciais norte-sur equitativas e polo tanto desiguais ás que marca o modelo capitalista global, pero máis alo a sua forza reside na visualización de que outro xeito de relacionarse produtoras e consumidoras é posible. Para AMARANTE o Comercio Xusto é unha liña estratéxica do Consumo Responsable encardinada na Soberanía Alimentar como principio do necesario comercio con xustiza no Norte e no Sur.

  • Máis información sobre comercio xusto
 

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego