AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

Novas de Amarante - Vigo


Nova cita para trocar en Vigo: 24 de Abril


 
Novo Obradoiro de Cociña sobre Crudivorismo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o OBRADOIRO DE COCIÑA que artellamos entre Amarante, Árbore e Caleidoskopio.


Este mes traballaremos alimentos vexetais en crú.

 

Será o próximo 11 de abril e as prazas son limitadas, así que apuntádevos!!


Obradoiro de Crudivorismo
Domingo 11 10,30 h
Na Cova dos Ratos, Romil, 3

Inscricións no 886111327 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

As prazas son limitadas e haberá un bote para pagar os custes do obradoiro.

 
Mercadiño de troco en Vigo

Este mes de marzo a rede de colectivos Vigotroca cumpre 3 anos e o mercadiño de troco que se celebra cada mes no barrio do Calvario 2 anos de existencia.

Despois de todo este tempo consideramos que era necesario pararnos a reflexionar cara a onde estaba a camiñar a rede e as actividades que a través dela se organizan.

Despois de varias xuntanzas as conclusións son:

Ler máis...
 
Charla Xanela en Vigo

Participantes da última edición do programa Xanela Aberta ao Sur de Amarante falarán este mércores en Vigo da súa experiencia con organizacións sociais de Brasil, Marrocos e Ecuador.

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdades entre o Sur e o Norte Global.

As persoas que asisten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de participar nalgún dos grupos que nos meses de xullo e agosto viaxarán para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), en Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita Cushunchic) e en Marrocos coa Asociación Attawassoul.

Ler máis...
 
Xornadas sobre Decrecemento

Durante a fin de semana do 6 e 7 de Marzo celebraranse as xornadas “Decrecemento para o cambio social”, organizadas pola Asociación Arela e que contan coa colaboración de varias entidades entre as que se atopa Amarante.

As xornadas celebraranse no local da Parroquia do Cristo da Victoria (R/Baiona, 9-Coia) e desenvolverán o seguinte programa:

SÁBADO 6 DE MARZO
11h00 - "Desmontando o mito do decrecemento", Manoel Santos
12h30 - Descanso
13h00 - "Decrecemento, mil camiños para vivir con menos", Manoel Santos
14h00 - Xantar
16h30 - Proxección do documental: Simplicidade voluntaria e decrecemento (reflexións) de Jean-Claude Decourt
18h00 - Descanso
18h30 - Límites do decrecemento e pegada ecolóxica, a cargo e Verdegaia

DOMINGO 7 DE MARZO
10h30 - Obradoiro sobre decrecemento e alternativas á sociedade de consumo, a cargo de Amarante.
14h00 - Xantar
- - - - - -
As inscricións hai que facelas chegar a través do email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo especificando se quedarás a comer o sábado e o domingo.


Tamén podedes contactar no móbil 675 63 34 36 (Norma Rodríguez) ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego