O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

Novas Amarante - Pontevedra
-


Día do Comercio Xusto en Pontevedra

Nos actos participa Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e A Gradicela

AMARANTE CELEBRA O DÍA DO COMERCIO XUSTO 2010 DENUNCIANDO OS SALARIOS NA PRODUCIÓN DO TEXTIL E O PAPEL DAS GRANDES SUPERFICIES COMERCIAIS

AMARANTE Setem culmina a súa X edición da Semana Galega do Comercio Xusto cunha serie de actividades na cidade de Pontevedra que terán como colofón a celebración do Día Internacional de Comercio Xusto.

Tras o exito en participación e debates que tivo o Seminario sobre Dereitos Humanos Laborais celebrados conxuntamente coa Universidade de Santiago de Compostela,  onde se presentou a iniciativa Asia Floor Wage ( Salarios Dignos en Asia ), a X edición da Semana Galega de Comercio Xusto remata esta semana con dúas conferencias e as actividades propias do día do Comercio Xusto, o próximo sábado 8 de maio.

Este ano o Día do Comercio Xusto esta adicado á Campaña Internacional sobre Grandes Superficies, que está enmarcada na Campaña Roupa Limpa. Con stands, mercados transparentes e actividades nas que se involucrará á poboación sacaremos á rúa datos que colocan a Carrefour, Lidl, Walmart, Tesco e Aldi como as grandes distribuidoras de roupa a nivel internacional, por encima en moitos casos de marcas de téxtil recoñecidas mundialmente e con graves eivas humanas e medioambientais na produción.

Ler máis...
 
O troco chega a Pontevedra con Amarante e Verdegaia

O grupos comarcais de Amarante e Verdegaia de Pontevedra imos poñer en marcha  un MERCADIÑO DE TROCO.

A iniciativa xurde da colaboración das dúas organización no campo do Consumo Responsable e seguindo ejemplos de outras vilas galegas, coma é o caso de Vigo, onde diversos colectivos realizan unha vez ao mes esta iniciativa.

Recentemente Amarante e Verdegaia realizaron unha experiencia piloto, no marco da festa da soligariedade, que foi todo un éxito de participación da xente.

O mercadiño que terá a súa primeira cita o próximo sábado 31 de outubro na praza da Verdura, entre as 12,00 e 14,00 horas, pretende consolidarse realizando todolos últimos sábados de cada mes.

Tratase dunha cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática...

Recorda, o sábado 31, de 12 a 14 na Praza da Verdura, tes unha cita coa ecoloxía e a economía máis solidaria. Porque cada vez que trocas, decides en que mundo queres vivir.

Amarante e Verdegaia de Pontevedra

 


EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego