O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

Novas Amarante - Compostela
-


Ultimanse os preparativos para o Día do Comercio Xusto 2010 en Compostela

Achégase o Día do Comercio Xusto 2010 e o grupo de Compostela ten previsto facer unha auténtica festa-reivindicación do comercio con xustiza na Rúa de San Pedro, xunto a labregas e labregos da comarca, ao pequeno comercio e á cidadanía dun dos bairros máis emblemáticos e activos da cidade.

Para elo imos reunirnos o próximo xoves 29 de abril as 18:00hs no noso local para pechar o programa de actividades, repartir tarefas e avanzar na organización do noso día grande.

Convidamos a todas as persoas que queiran colaborar conosco ese día a participar na merenda de traballo que imos celebrar este xoves 29 co gallo da organización do Día do Comercio Xusto 2010.

Contamos coa vosa presenza e vos animamos a seguir tódalas novas vencelladas ao Día do Comercio Xusto e ás próximas actividades a realizar en Compostela a través deste espazo!

 
Nova Feira de Troco de Verdegaia Compostela o sábado 24 de Abril na Praza de Abastos

Este sábado 24 de Abril toca unha nova Feira do Troco organizada por  Verdegaia, en colaboración coa asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Compostela.

Os mercadiños vense celebrando desde Setembro do ano pasado os últimos sábados de cada mes no recinto da Praza de Abastos. Esta actividade enmárcase dentro da campaña permanente de Verdegaia: Consomes ou Devoras?

A temática do troco será libre, é dicir, pódense achegar aqueles obxecto que estean en bo estado, pero que xa non son útiles, para buscarlles un novo dono/a, nun espazo de mercado non capitalista e de consumo responsábel.

Ler máis...
 
Marcha entre a central de Meirama e a incineradora de SOGAMA para celebrar o Día da Terra

Diversas organizacións cidadás convocaron para o sábado 24 de abril unha “Andaina polo Clima” en Cerceda (A Coruña) baixo o lema “O clima non está á venda”.


A marcha discorrerá entre a central térmica de carbón de Meirama, propiedade de Gas Natural-Unión Fenosa, e a incineradora de residuos urbanos de  SOGAMA.

Deste xeito, as organizacións convocantes súmanse desde Galiza ao Día da Terra, celebración ecoloxista da que en 2010 se cumpren corenta anos.

No manifesto que serve de base a esta convocatoria, as organizacións promotoras presentan a mudanza climática como a manifestación máis preocupante dunha crise ecolóxica planetaria moito máis decisiva para o futuro da humanidade que a actual crise económica.

Ler máis...
 
Ao redor de 200 persoas pasaron polas proxeccións do ciclo "Coñecer para Cambiar"
O último xoves 11 de marzo proxectóuse a derradeira das películas do ciclo de cine que botaron a andar no mes de xaneiro cun balance altamente positivo: cerca de 200 persoas pasaron polo local que ambas organizacións comparten en Compostela ao cabo de oito semanas consecutivas.

Desta volta a película escollida foi  “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental que plasma a reacción popular ao corralito arxentino. Para completar a velada e pechar o ciclo por todo o alto contaron coa participación especial de Pablo Carro, profesor da Universidade de Córdoba que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina. 

 

Ler máis...
 
Amarante e Verdegaia botan peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar"

O vindeiro xoves 11 de marzo as 20:30hs proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións veñen organizando no local que comparten en Compostela.

Nesta ocasión, a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos...

A finais de xaneiro deste ano 2010, as organizacións Amarante e Verdegaia decidiron poñer en marcha unha actividade coa que poder abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais, empregando a linguaxe audiovisual como unha xanela para achegarnos a esas realidades.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego