Amarante ven de sacar unha liña de  café de comercio xusto colombiano por medio dun acordo coa tostadora CIVIT. Tratase do primeiro café de comercio xusto etiquetado en galego, que se ven a sumar ao panela, o azucre estuchado e as marmeladas que xa viña distribuindo Amarante.

Novas Amarante - A Mariña
-

Trocando, trocando, chegamos a Ribadeo

Durante a Campaña de Nadal o Grupo da Mariña de Amarante levou a cabo o primeiro Mercadiño de Troco adicado en exclusiva ó intercambio de xoguetes entre ciranzas.

Os mercados de troco son iniciativas de intercambio e cesión que buscan revalorizar obxectos ós que xa non lle damos uso e fuxir da voráxine consumista que se agudiza especialmente durante as datas do Nadal.

Este primeiro mercadiño estivo  adicado á participación das crianzas por ser as máis perxudicadas no bombardeo continuo de publicidade, véndose envoltas en moitas ocasións en necesidades creadas dende espazos totalmente alleos a elas. A celebración deste mercado veu a confirmar que o importante son o tipo de relación que se establecen e o intercambio de bens é un xeito de xerar relacións baseadas na solidariedade e na colaboración.

Ler máis...
 
O concello de ribadeo aposta pola Compra Pública Responsable

O concello de Ribadeo ten sido o primeiro de Galicia en aprobar en Pleno a moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en case medio centenar de concellos.

A aprobación desta iniciativa é un paso importante no compromiso das administracións locais co Consumo Responsable e o medio ambiente.

Continua o camiño iniciado pola administración autonómica e varios concellos coa incorporación  de comercio xusto nos concursos das maquinas de vending de café.

Agora, o grupo local de Ribadeo encargarase de facer seguimento para que a moción teña concreción na actuación diaria deste concello de A Mariña.

Amarante xa se ten posto en contacto coas autoridades de Viveiro para que este concello de A Mariña sexa o próximo na comarca en aprobar dita iniciativa.

 


EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego