O concello de Ribadeo é o primeiro en aprobar en pleno a moción a favor da Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en medio centenar de concellos de Galicia

Devolución de militante do MST en Barajas pon de manifesto as políticas migratorias xenófobas da UE
Escrito por amarante   
Xoves, 29 Abril 2010 12:57
Unha vez máis ou goberno español dá mostras de sintonía con Europa. No ecuador da presidencia española da Unión Europea, na Moncloa non escatiman esforzos de converxencias coa Europa fortaleza. Para iso, converteron a sala de espera de repatriacións de Barajas nun espazo cada vez máis masivo.

Onte non foi diferente. Chegado a Madrid á primeira hora da mañá do domingo 25 de abril de 2010, Nildemar Gonçalves da Silva, membro do Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST) do Brasil, faría unha breve escala na capital española para seguir, poucas horas despois, a Estocolmo (Suecia), onde participaría de varios talleres e conferencias con organizacións sociais suecas.
Non obstante, a escala non sería tan breve nin o destino final o esperado. Nildemar, membro do sector de produción e educación agroecolóxica do MST e director da Escola José Gomes de Agroecologia no estado de Paraná, foi deportado na mesma noite do domingo, a pesar de portar todos os documentos esixidos por unha lexislación comunitaria que criminaliza as migracións e os migrantes.
LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Políticas de Pesca da UE a Debate en Vigo
Escrito por Amarante   
Luns, 26 Abril 2010 15:14

Da pesca artesanal á depredación industrial do mar:

da sustentabilidade ao desequilibrio ecolóxico

Os vindeiros días 4 e 5 de Maio celebrarase en Vigo unha Xuntanza Ministerial Europea sobre Pesca, con motivo da Presidencia Europea de turno no Estado Español. En contraposición a esta Xuntanza Ministerial varias entidades, entre as que se atopa Amarante, organizaremos actividades durante sete días consecutivos para dar a coñecer as políticas da Unión Europea e as súas consecuencias nas nosas costas e na dos países du Sur e xenerar alternativas de ecoxestión que fortalezan os mares e economías locais. Programación de actividades

O obxecto da Xuntanza Ministerial é seguir tratando de elaborar e reformar o marco legal para unha pesca máis sostible. É dicir, tratar de elaborar unha política pesqueira menos irracional. Unha política que non dan acadado despóis de moitos intentos fallidos. Unha política que debería ter un obxectivo radical: unha pesca racional e sustentable, e que xa tería que estar funcionando e dando resultados dende hai anos, quizais dende os propios comezos da actividade pesqueira a gran escala. Pero a UE segue dando bandazos, presionada por un mercado que busca o menor custo e máximo beneficio sen ter en conta os parámetros sociais e ecolóxicos nos seus cálculos. Deste xeito, a UE dalle cova a unha actividade pesqueira industrializada de comportamento salvaxe cos propios recursos e co medio mariño

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Xornadas Internacionais sobre dereitos humanos laborais
Escrito por amarante   
Xoves, 25 Marzo 2010 23:07

AMARANTE Setem e a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA organizan as Xornadas Internacionais “Dereitos humanos laborais: novas iniciativas na súa defensa” que terá lugar os vindeiros 23, 24 e 25 de abril no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus Norte da USC. Conta asemade cun crédito de libre configuración para estudiantes.

Pincha para ver o programa integro    Xornadas Dereitos

Obxectivo:

Visibilizar e reflexionar sobre as dificultades de garantir os dereitos humanos laborais nun contexto de economía neoliberal globalizada, e o impacto que teñen as empresas transnacionais nas economías locais e nas persoas traballadoras tanto do Norte como no Sur; e dar a coñecer iniciativas innovadoras que se están a realizar dende distintos ámbitos da sociedade civil como ONGs, profesorado, sindicatos e organizacións sociais para ir cara a súa garantía e cumprimento.

Resume das xornadas:

O primeiro día farase unha análise e contextualización do impacto da deslocalización e as dificultades para facer cumprir os dereitos humanos e laborais para no segundo día analizalo a través dun sector concreto, o do téxtil, co impacto en Galicia e o impacto nos países empobrecidos. Onde se presentará por primeira vez a iniciativia Salarios dignos en Asia, unha iniciativa inédita de loita e unión de moitas organizacións de 8 países en Asia para frear os abusos da liberación comercial, que condea a miles de mulleres a traballar por menos de 25 euros ó mes, como é o caso de Bangladesh. Pecharemos o domingo cunha das citas obrigadas do ano o Tribunal Permanente dos Pobos que se celebraán en maio en Madrid.

Nestas xornadas tamén participaron na organización a Campaña Roupa Limpa e a Federación Setem.

LAST_UPDATED2
 
A Campaña Roupa Limpa esixe ao goberno de Bangladesh medidas tras un novo incendio nunha fabrica
Escrito por Amarante   
Venres, 19 Marzo 2010 22:24

OS SOBREVIVINTES DO INCENDIO DA FÁBRICA TÉXTIL DE BANGLADESH “GARIB&GARIB;”, QUE PRODUCÍA PARA H&M;, RECLAMAN XUSTIZA E SEGURIDADE NA INDUSTRIA DA ROUPA.

Tras o tráxico incendio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica  en chamas na que traballaban. Estaban a rematar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M; e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.

Non se trata dun incidente illado. Únese a unha lista de incendios fatais similares da historia recente da industria de roupa de Bangladesh que sede o ano 2000 xa se cobrou 230 vítimas mortais.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
Mobilicémonos para parar a destrución do territorio
Escrito por Amarante   
Venres, 19 Marzo 2010 22:05

LAST_UPDATED2
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 9

EnRede

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Rede Anticapitalista Galega

Galiza Non se Vende

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Foro da Inmigración

Fiare

Coop57

Quién debe a Quién

Foro Social Galego