AMARANTE Setem ven de auditar a súa contabilidade entre os anos 2004-2009.Do traballo do auditor se desprende a "imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira" en todos estos anos. Unha mostra máis da metodoloxía de traballo serio e transparente. memorias e auditorias  

  • Decrease font size
  • Default font           size
  • Increase font size
bancos
Investigación CRL: parte da moda española fabrícase en Tánxer baixo condicións de explotación PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Xoves, 12 Xaneiro 2012 12:58

Moda-espanola-en-Tanger

A Campaña Roupa Limpa e Amarante Setem presentan a investigación 'A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección'

A Campaña Roupa Limpa, coordinada en Galicia por AMARANTE SETEM, presenta a investigación “A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección” que analiza as condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras en talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais. A investigación realizouse a partir das viviencias de 118 obreiras, coa colaboración da Asociación Attawassol.

O informe descobre as duras condicións das obreiras de confección marroquís: exceso de horas de traballo, baixos salarios, abusos verbais e físicos, arbitrariedade na contratación e o despedimento, medidas disciplinarias desproporcionadas e obstáculos á acción sindical. As horas extras son obrigatorias e non se adoitan remunerar. Prolongan a xornada ata as 12 horas diarias, seis días á semana por salarios que non superan os 200 euros mensuais, e que, en ocasións, están por baixo dos 100 eur/mes. As traballadoras máis novas, a miúdo menores de 16 anos, son consideradas aprendizas e faillas traballar sen contrato as mesmas horas que o resto, pero cobrando 0,36 €/hora, tres veces menos que as súas compañeiras. Uns resultados que integran o traballo iniciado por AMARANTE SETEM previamente e que veñen a completar a fotografía realizada pola investigación sobre a situación das obreiras na actualidade.

Para consultar o informe completo pincha aqui:  a moda española en tanxer.pdf

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
II Curso Técnico sobre Compra Pública Responsable nas administracións públicas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Luns, 21 Novembro 2011 22:04

 

Cartaz_CPR

AMARANTE Setem e VERDEGAIA organizan o II Curso Técnico sobre a Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas. Ferramentas prácticas para a súa aplicación.

Ambas organizacións iniciamos hai dous anos un proxecto para fomentar, tanto nos concellos como na Xunta de Galicia, a incorporación da Compra Pública Responsable no seu traballo diario, principalmente no fomento de criterios éticos, sociais e ambientais na contratación pública.

Así 5 concellos xa aprobaron en pleno un documento a favor da Compra publica responsable e mantivemos reunións cos voceiros parlamentarios das 3 formacións políticas para ver como impulsalo tamén dende a Xunta de Galicia.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
AMARANTE Setem inaugura nova sede central PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Xoves, 17 Novembro 2011 14:44

Cartaz_inauguracion_compos

IMONOS PARA O BARRIO DE SAN PEDRO

O local social e a Tenda de Comercio Xusto de Amarante Setem en Compostela 'emigra' para o barrio de San Pedro, en concreto para o número 67 da rúa que leva o nome do barrio. Con este traslado Amarante ubicase nun dos barrios máis dinámicos da cidade - veciñal, comercial, indignado ,... - Esperemos que a nosa presenza aporte un grao de area nesa 'movida' fabulosa.

Inauguración: Xóves 17 ás 19,00 horas

LAST_UPDATED2
 
Novos materiais in-formativos de Amarante Setem sobre solidariedade e consumo responsable PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Martes, 11 Outubro 2011 17:35

madeixa02_portada

Amarante Setem ven de editar dous novos materiais in-formativos sobre solidariedade e consumo responsable.

O primeiro deles é a publicación do número 2 da colección Madeixa. Este segundo número que podedes baixar en formato PDF desde o apartado de publicacións da web de Amarante http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions está adicado as voces das mulleres no cambio social e conta con relatos de activistas hondureñas, marroquís e brasileiras, así como do activismo feminista galego. Na edición deste número que ven de saír do prelo colaborou Manoel Santos de Altermundo.
LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
V Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Amarante   
Luns, 03 Outubro 2011 11:37

logo_againstdebt_sp_2011

Rompamos as cadeas do endebedamento!

Manifesto da V Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs

O sistema da débeda continúa facendo estragos na vida das persoas ao redor do mundo. Os pobos do Sur confrontan a diario cos impactos e as consecuencias do endebedamento financeiro dos seus países que, lonxe de aliviarse, aumentan coa crise e a procura de ganancias extraordinarias de parte dos capitais máis concentrados. Ademais, continúan coa carga dunha débeda histórica, social, ecolóxica e climática impaga, que ao ritmo das falsas solucións, tamén segue incrementando.

En Europa e América do Norte, a seguridade social está a ser desmantelada en nome da austeridade fiscal, mentres que millóns de persoas non poden atopar traballo digno e os orzamentos militares crecen. Ao redor do mundo, os pobos loitan para obter a prestación de servizos públicos e dereitos básicos como a saúde, a educación, a auga, a vivenda, a previsión social, a reforma agraria e urbana, mentres os gobernos privilexian o pago do servizo dunha débeda moitas veces mal-habida. Son as bases mesmas do sistema que están a mostrar os seus falencias.

LAST_UPDATED2
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL